Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 204/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 204/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Servicio de cafetería e comedor de Dereito Económico no Campus de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso: publico.

4. Canon fixo de explotación.

O importe total anual é de 147.750 pesetas, 887,995 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, Anexo Rectorado-3º.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46.1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 27 de setembro de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Domingo Docampo Amoedo

Xerente da Universidade de Vigo