Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 16 de outubro de 2000 Páx. 14.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 23 de maio de 2000.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 23 de maio de 2000 (DOG nº 108, do 5 de xuño), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para o corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas (lista B), e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listas provisionais na súa sesión do día 3 de outubro de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo

reservados a persoal funcionario, correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas (lista B). De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e a base 2ª da Resolución do 23 de maio, a comisión permanente establece o número máximo de aspirantes admitidos para esta escala naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 0,75 puntos; as ditas listas están expostas da forma que seguidamente se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 23 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, non están admitidos na lista.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las

oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes provisionais, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.525 ptas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma escala, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 23 de maio de 2000.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública