Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 14.017

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Consultivo de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello

Consultivo de Galicia, por Resolución do 7 de agosto de 2000 (DOG nº 158, do 16 de agosto, corrección de erros DOG nº 167, do 29 de agosto); en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, este consello consultivo dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base oitava da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 7657003868 A2059.

Apelidos e nome: Bargados Bargados, María.

Posto de traballo: secretaria do letrado-secretario xeral.

Nivel: 18.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.