Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 13.985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000 pola que se convocan dous cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia.

En execución do Plan de formación da EGAP para 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I a esta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias rematará o día 31 de outubro.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto).

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán, e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, aínda que a falta de asistencia, mesmo se é xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitarlles copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para

o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Visual Basic 6.0.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal informático na programación orientada a obxectos e, en concreto, na linguaxe de programación Visual Basic.

2. Destinatarios.

Persoal informático, funcionario ou laboral, da Xunta de Galicia que estea a desempeñar funcións de programación orientada a obxectos na linguaxe Visual Basic, preferentemente funcionarios do grupo B e persoal laboral dos grupos II e III.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 15 horas.

3.2. Lugares e datas: Aula Informática EGAP (2ª planta): 13, 14, 15, 16 e 17 de novembro.

3.3. Horarios: 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 10.

4. Contido.

Introducción á linguaxe de programación orientada a obxectos Visual Basic: métodos, eventos e propiedades. Controis básicos e avanzados. Elaboración, distribución e instalación de programas en Visual Basic.

Redes de comunicación: Windows NT Server.

1. Obxectivos.

Formar, en profundidade, o persoal informático no traballo con redes e co sistema operativo Windows NT Server.

2. Destinatarios.

Persoal informático, funcionario ou laboral, da Xunta de Galicia que estea a desempeñar funcións de administración de Windows NT Server, preferentemente funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I, II e III.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP: 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 e 22 de decembro.

3.3. Horarios: 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 10.

4. Contido.

Redes de comunicación: introducción, arquitectura, tipos, elementos e medios de transmisión. Sistemas operativos de redes. Windows NT Server (instalación e administración). Seguridade das redes.