Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 13.983

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000 pola que se convocan unhas xornadas sobre delictos informáticos.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun

has xornadas sobre delictos informáticos, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos ofrecer ás forzas e corpos de seguridade a actualidade das intervencións que, en materia de prevención, investigación e represión, levan a cabo en día de hoxe os equipos sobranceiros das forzas e corpos de seguridade e doutras institucións, especialistas na persecución deste tipo de delictos.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros das forzas e corpos de seguridade, vixilancia aduaneira e colectivos interesados en xeral.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertará será de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que sesexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de novembro de 2000, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e datas.

As xornadas desenvolveranse durante os días 13 e 14 de novembro de 2000, en xornadas de mañá e tarde.

O horario será o seguinte:

Día 13: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.15 ás 20 horas.

Día 14: das 10 ás 14 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 8 de novembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

As xornadas terán lugar no salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 25 de setembro de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade