Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000 pola que se adxudican axudas, correspondentes ó programa de conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I e II da Orde do 9 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 9 de marzo de 2000 (DOG do 28 de marzo) aprobaba as bases que rexerían as convocatorias de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada a temas de conservación e protección do patrimonio cultural (anexo I) e para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de conservación e protección do patrimonio cultural (anexo II), correspondentes ó programa de conservación do patrimonio cultural e desenvolvemento turístico do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 6 e 8 dos anexos I e II, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións para designar polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada polas citadas comisións,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de conservación do patrimonio cultural, ás empresas que se relacionan no anexo II da presente resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 9 de marzo de 2000 (DOG do 23 de marzo), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de repo

sición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 9-3-2000,P.D. (Orde 9-3-2000,

DOG do 28 de marzo)DOG do 28 de marzo)

Miguel A. Ríos FernándezÁngel Sicart Giménez

Secretario xeral de InvestigaciónDirector xeral de Patrimonio

e DesenvolvementoCultural

ANEXO I

Investigador principalTítuloCódigoPersoalAnos1ª Anua.

(miles de ptas.)

2ª Anua.

(miles de ptas.)

3ª Anua.

(miles de ptas.)

Total

concedido

Criado Boado,

Felipe

Desenvolvemento metodolóxico para a xestión sostible do impacto arqueolóxico de proxectos e construcción de parques eólicos.PGIDT00PAT23601PRSi38.9702.5001.50012.970

Leiceaga Baltar,

Juan Ángel

Subproxectos:

Leiceaga Baltar,

Juan Ángel

Carballo Calero,

Mª Victoria

Aplicacións á arqueoloxía das técnicas CAD-RP.PGIDT00PAT32101PRSi1

1

1

5.240

4.120

1.120

0

0

0

0

0

0

5.240

4.120

1.120

Rodríguez Campos,

Joaquín

A recuperación do patrimonio cultural da casa rural galega e o seu contorno. Implicacións socioculturais e económicas.PGIDT00PAT20501PRSi23.0001.80004.800

Rodríguez Cheda,

José B.

Construccións efémeras de protección e acollida turística para depositos arqueolóxicos e monumentos de Galicia.PGIDT00PAT11601PRSi24.0002.00006.000

Rodríguez Colmeiro,

Antonio

A rede viaria romana de Galicia: estudio histórico-arqueolóxico e posta en valor dos seus monumentos.PGIDT00PAT26301PRSi27.0001.95008.950

ANEXO II

EmpresaCIFTítuloCódigoAnosTipo de

proxecto

1ª Anua

(miles de ptas.)

2ª Anua

(miles de ptas.)

3ª Anua

(miles de ptas.)

Total

concedido

Diconsa, Diseño y Construcción, S.A.A15246184Optimización e normalización de morteiros para a rehabilitación do patrimonio monumental construído de Galicia.PGIDT00PAT01E3Aplicada9.0002.00092011.920

Luaces y Piñón, S.C.G15654940Estudio sobre o aproveitamento do patrimonio natural e etnográfico-cultural na comarca de Ferrol.PGIDT00PAT02E1Aplicada3055003.055

Neco, Tecnologías de la Información, S.L.B15709587Deseño e construcción de ferramentas informáticas para a xestión e explotación do patrimonio cultural de Galicia.PGIDT00PAT03E2Aplicada4.5001.43005.930

Tomos Conservación Restauración, S.L.B36779908Identificación, diagnose e documentación non agresiva de pintura megalítica.PGIDT00PAT04E2Aplicada3.70085004.550