Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 11 de outubro de 2000 Páx. 13.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 236/2000, do 5 de outubro, polo que se modifican os prezos do Diario Oficial de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia, órgano oficial de difusión e expresión da actividade administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia, vén publicándose ininterrompidamente desde 1982.

En 1999, por Decreto 273/1999, produciuse o último incremento nos prezos da subscrición e da inserción de anuncios, pero razóns tales como un mellor axuste nos seus custos, a necesidade de prestar un mellor servicio ós cidadáns proporcionándolles acceso gratuíto ós contidos do DOG por Internet durante quince días, así como o incremento de paxinación e do IPC fan aconsellable proceder a unha revisión dos prezos.

Na súa virtude, e de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública tralo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de outubro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Establécense os seguintes prezos de subscrición anual para o Diario Oficial de Galicia:

-Subscrición en papel en galego ou castelán: 21.300 pesetas/ano. (128,02 euros).

-Subscrición por Internet en galego ou castelán: 23.760 pesetas/ano. (142,80 euros).

-Subscrición por Internet en galego ou castelán dos anos anteriores: 15.000 pesetas/ano. (90,15 euros).

2. Establécense igualmente os seguintes prezos para outros productos do Diario Oficial de Galicia:

-CD-Rom do ano 2001 para non subscritores: 15.000 pesetas/exemplar. (90,15 euros).

-CD-Rom dos anos anteriores: 15.000 ptas./exemplar (90,15 euros).

-Exemplar solto do DOG en papel: 130 ptas. (0,78 euros).

3. O aboamento do prezo anual da subscrición ó DOG en papel dá dereito á recepción do CD-Rom correspondente ó mesmo período, sempre que o subscritor así o solicite ó formaliza-la subscrición.

4. O aboamento do prezo anual da subscrición ó DOG por Internet dá igualmente dereito á recepción do CD-Rom correspondente ó mesmo período, sempre que o subscritor así o solicite ó formaliza-la subscrición. Rematado este período o subscritor continuará con dereito de acceso ós exemplares pagados sempre que permaneza como tal.

5. O prezo do acceso por Internet ós DOG correspondentes ó período comprendido entre o 1 de xullo de 1995 e o 31 de decembro de 2000 fíxase en 75.000 pesetas ou 450,76 euros. Este dereito de

acceso, que require a subscrición ó ano que corre, ten vixencia mentres o interesado continúe como subscritor. Se a subscrición se fai por menos anualidades o prezo será de 15.000 pesetas cada unha, pero requirirá igualmente a subscrición ó ano que corre.

Artigo 2º

1. O prezo dos anuncios no Diario Oficial de Galicia fíxase para cada liña en columna de 18 cíceros (54 espacios) en:

a) Procedemento ordinario: 765 pesetas (4,60 euros).

b) Procedemento urxente: 1.530 pesetas (9,20 euros).

Artigo 3º

Os prezos establecidos nos artigos anteriores entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os prezos establecidos neste decreto entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2001.

Segunda.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública