Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución, procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.336.443 e seis máis).

a) Obra.

1. Colector xeral e sistema de depuración da Illa de Arousa (Pontevedra).

Clave: OH.336.443.

Orzamento máximo: setecentos noventa e seis millóns duascentas oitenta e nove mil cincocentas trinta e catro pesetas (796.289.534 pesetas, equivalente a 4.785.796,485 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e; grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga desde Zamáns a Nigrán e Priegue (Nigrán-Pontevedra).

Clave: OH.236.433.

Orzamento máximo: seiscentos noventa millóns duascentas mil pesetas (690.200.000 pesetas, equivalente a 4.148.185,544 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e; grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Colectores xerais e EDAR na Rúa (A Rúa de Valdeorras-Ourense).

Clave: OH.332.367.

Orzamento máximo: trescentos cincuenta millóns de pesetas (350.000.000 de pesetas, equivalente a 2.103.542,365 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e; grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Colectores xerais e EDAR nas parroquias de Neaño, Canduas e Cesullas (Cabana de Bergantiños-A Coruña).

Clave: OH.315.454.

Orzamento máximo: douscentos corenta millóns de pesetas (240.000.000 de pesetas, equivalente a 1.442.429,051 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d; grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Saneamento de Merza (Vila de Cruces-Pontevedra).

Clave: OH.336.439.

Orzamento máximo: cento sesenta e oito millóns de pesetas (168.000.000 de pesetas, equivalente a 1.009.700,335 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d; grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Colectores e EDAR de Parga e Guitiriz (Guitiriz-Lugo).

Clave: OH.327.295.

Orzamento máximo: cento sesenta e cinco millóns noventa e cinco mil oitocentas corenta pesetas (165.095.840 pesetas, equivalente a 992.245,982 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d; grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

7. EDAR de Ponte Ulla (Vedra-A Coruña).

Clave: OH.315.396.

Orzamento máximo: cento vintecinco millóns de pesetas (125.000.000 de pesetas, equivalente a 751.265,130 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d; grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme ó establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Días Valiño, s/n, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea a) anterior, e unha fianza defintiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras sinaladas na dita alínea.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás 12 horas do día 2 de novembro de 2000.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación de dúas variantes en relación co obxecto do contrato para cada unha das obras sinaladas na alínea a) deste anuncio (ver punto 2.2.5.3. do prego de cláusulas administrativas particulares).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás 10 horas do día 16 de novembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. (constitución e funcionamento da mesa), do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia