Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/126-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C. Distribución e C.T. Arrufana-Louredo I.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 547 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Amieiro Longotorneiros, alimentando ó C. Distribución que se proxecta en Arrufana e ata o C.T. proxectado en Arrufana-Louredo I, no concello de Mos. C. Distribución con 3 liñas de manobra exterior. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 23 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra