Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de setembro de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de denegación de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Automáticos Lama, S.L. e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, polo que se relacionan acordos de denegación de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Ourense, en aplicación do artigo 48 e seguintes, do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38-ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de setembro de 2000.

José Luis Cudeiro Villarino

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Automáticos Lama, S.L.

Acceso Norte, 3, Maside, Ourense

NIF B32021321

Denegación de aprazamento ou fraccionamento

Expte. 0-0103/1999

Doc. 006990000023

Recreativos Trigás y González, S.L.

Verea Vella, 22, Ourense

NIF B32015364

Denegación de aprazamento ou fraccionamento

Expte. 0-0233/1999

Doc. 006990003224