Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.873

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 2 de outubro de 2000, da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a resolución que dá publicidade á lista provisional de admitidos e excluídos dos aspirantes a nomeamentos temporais con base na convocatoria feita por Resolución do 25 de abril de 2000, pola que se formaliza a convocatoria para a selección temporal de diversos postos de traballo de persoal funcionario da escala de saúde pública e Administración sanitaria con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde (médicos, biólogos, farmacéuticos, químicos e psicólogos).

As listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e das institucións sanitarias do Sergas, no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e das súas delegacións provinciais o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os expedientes foron baremados nas direccións provinciais de Lugo e Ourense, por iso para calquera aclaración sobre as listas, os interesados, deberán dirixirse, en función da categoría na que figuren inscritos, ós seguintes enderezos ou teléfonos:

* Para as categorías de:

-Médicos.

-Psicólogos.

-Químicos.

Deberán dirixirse á Dirección Provincial do Sergas de Ourense, r/ Juan XXIII nº 31-33, 32003 Ourense ou ó teléfono 988 38 59 37.

* Para as categorías de:

-Biólogos.

-Farmacéuticos.

Deberán dirixirse á Dirección Provincial do Sergas de Lugo, r/ García Portela nº 13, 27071 Lugo ou ó teléfono 982 29 69 31 para a categoría de farmacéuticos ou ó 982 29 69 06 para a categoría de biólogos.

A partir da dita data abrirase un prazo de 10 días para presentar reclamacións, de se-lo caso, ante a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde