Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDV-3/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 15 de setembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización no solo rústico apto para urbanizar en Altamira-A Zapateira, presentado por Fadesa. Antes do inicio das obras de urbanización deberá presentarse o proxecto de instalación de iluminación pública realizado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 22 de setembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo