Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

Por resolucións da alcaldía con data do 21-9-2000, aprobáronse inicialmente os proxectos de expropiacións forzosas polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados polas obras:

-Urbanización 2ª transversal rúa Antonia Tovar a circunvalación PO/400.

-Urbanización desde rúa biblioteca a Miguel Davila.

-Urbanización 1ª transversal rúa Antonia Tovar a circunvalación PO/400.

Aprobando a determinación do ámbito territorial, fixación de prezos e follas de prezo xusto individualizada de cada predio.

En cumprimento do disposto no artigo 219.2º do RDL 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana, e artigo 145.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, os proxectos de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, expónense ó público polo termo dun mes, para que quen poida resultar interesado formule as alegacións e reclamacións que considere convenientes ós seu dereitos.

Arbo, 26 de setembro de 2000.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde