Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 06 de outubro de 2000 Páx. 13.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de tres vehículos todo terreo con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuiculturara.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de tres vehículos todo terreo con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Prazo de execución: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: nove millóns duascentas dez mil pesetas (9.210.000 ptas.), IVE incluído (55.353,21 euros).

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.aspN?=48.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas xerais.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5-2ª, Santiago de Compostela, 15771), ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2ª.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños