De conformidade co previsto no punto terceiro da Resolución do 14 de febreiro de 2000 (DOG nº 42, do 1 de marzo), da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 25 de maio de 1999 (DOG nº 107, do 7 de xuño), que establece que a toma de posesión dos novos destinos adxudicados nesa resolución se efectuará de modo simultáneo á dos aspirantes que sexan seleccionados no proceso selectivo convocado por resolución desta división do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), o que oportunamente se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Polo tanto, esta división
ACORDA:
Primeiro.-Facer público que a partir do primeiro día hábil, inclusive, seguinte ó da publicación desta resolución comezarán a contarse os prazos posesorios para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes, establecidos na Resolución do 14 de febreiro de 2000 (DOG nº 42, do 1 de marzo), da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.
Segundo.-A publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia serviralles de notificación ós interesados.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos
do Servicio Galego de Saúde