Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cambre, na súa sesión do 19 de outubro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de praza sita no Temple, elaborado polos arquitectos Manuel Barcala Iglesias y Emilio Argiz Vázquez e promovido por Pedre, Blanco, Canay, Sánchez y otros, C.B.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei, poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio, e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Cambre, 25 de abril de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde