Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes á cancelación de subvención, ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras para 1998 (resolución do Instituto Galego de Promoción Económica do 28 de abril de 1998; DOG nº 94, do 19 de maio).

Expediente: 1/98.0072.0401.N.9803.

Titular: Iscapo Hostelería, S.L.

CIF: B-15638646.

Enderezo: Carreira do Conde, 8. 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Acto que se notifica: Resolución do 8 de outubro de 1999, do presidente do Igape, de perda de subsidiación ó tipo de xuro, concedida mediante Resolución do 8 de outubro de 1998.

Ábrese un prazo de 10 días desde esta publicación para que os interesados poidan efectuar alegacións.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Subdirección de Xestión de Incentivos e Dinamización Económica da Área de Financiamento do Igape (complexo administrativo San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para o coñecemento íntegro do acto referido.

O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica