Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de poxa aberta, o contrato de obras varias no CEIP Couceiro Freijomil e outra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

2.1. a) Descrición do obxecto: obras varias no CEIP Couceiro Freijomil.

b) Lugar de execución: Pontedeume.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 19.756.837 pesetas.

2.2. a) Descrición do obxecto: cuberta pista polideportiva no CEIP O Coto. Negreira.

b) Lugar de execución: Negreira.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 28.580.083 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e da Ordenación Universitaria da Coruña (unidade técnica).

b) Domicilio: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Telf: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: ó quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de setembro de 2000.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria da Coruña

...