Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.688

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO de convocatoria do concurso de obras de urbanización de parque empresarial de Xove (2ª fase).

Orzamento total: 55.401.491 ptas. (IVE incluído).

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C. Grupo A, subgrupo 2, categoría C. Grupo E, subgrupo 1, categoría B.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinare nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, 6-5º, das 12 ás 14 horas de luns a venres, a partir do día seguiente ó da publicación deste anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas, das 12 ás 14 horas, nas oficinas de Xestur Lugo, ata o décimo quinto día natural, contado a partir do da publicación deste anuncio no DOG, ou o inmediato hábil seguinte se o décimo quinto día natural cae en sábado, domingo ou festivo.

Non se admitirán ofertas por correo.

A apertura das proposicións económicas, en acto público, efectuarase na sala de xuntas de Xestur-Lugo, ás 14 horas do terceiro día hábil seguinte, contado a partir do derradeiro fixado para a presentación das proposicións.

Este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Jorge Carballeira Fernández

Director xerente