Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 24 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de resolución do expediente sancionador simplificado número 36-12-2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro do 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas de seguido (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador nº 36-12-2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución pode interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, a partir do día seguinte o desta notificación, se non fora recorrida no dito prazo, a sanción será firme e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta número 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relacións con organismos (0388) Santiago de Compostela, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os día 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación hasta o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 de mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

De non efectuarse o pagamento no prazo antes mencionado procederase sen máis trámites á súa exacción en vía de constrinximento.

Expediente 36-12-2000.

Inculpada: Comercial Exporiental, S.L.

Domicilio: r/ Holanda, 4-9º E. 28916-Leganés (Madrid).

Motivos: a altura do símbolo CE, de 3,5 milímetros e inferior o mínimo legal; o nome ou razón social do fabricante ou representante non están redactados no idioma oficial do Estado; o símbolo gráfico de advertencia de idade indica un rango de idade de 0 a 5 anos.

Data de resolución: 28-7-2000.

Pontevedra, 24 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra