Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-45/1999 en materia de xogo.

Intentada a notificación directa ó titular da empresa operadora Juffer Pin's, S.L., con CIF: B-24.364.671, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do vintedous de xuño do ano dous mil, en relación co expediente sancionador en materia de xogo C-45/1999, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral resolve ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, proceder á notificación da dita resolución mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

RESOLUCIÓN:

1º Sanciónase o titular da empresa operadora Juffer Pin's, S.L., con CIF: B-24.364.671 sito en Pardo Bazán, 10 baixo, El Crucero (León), con multa dun millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave, por presunta infracción da Lei 7/1991, do 19 de xuño, por ter instalada no establecemento Café Bar Tifany's sito na r/ Pedreiras-Laraxe, do concello de Cabanas (A Coruña), unha máquina recreativa tipo B, mini tómbola de reloxos, carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda Galega, de multas e sancións, nº 311-300-4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2000.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil