Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.671

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (31/2000).

Eu, Francisco Iglesias Gómez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 31/2000 se acordou citar a José Carlos García Pérez, ó xuízo de faltas que terá lugar o día 18 de outubro, ás 11.25 horas, baixo o apercibimento de que, de non comparecer, recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Carlos García Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catorce de xullo de dous mil.

O secretario

Rubricado