Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.658

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de setembro de 2000 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 16 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de marzo) e que están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Pola Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo) convocouse procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no punto 60 da citada orde, os aspirantes que resulten seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formarán parte do proceso selectivo e terá por obxecto a valoración da súa aptitude para a docencia.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios de prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes que se relacionan no anexo I da Orde do 1 de setembro de 2000 (DOG do 15 de setembro) pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo) para ingreso no corpo de mestres.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2000.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen pexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas necesidades e dictará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria