Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.655

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de agosto de 2000 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios, por funcionarios docentes de ensino non universitario.

A Orde do 30 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia, do 14 de abril) convocaba concurso público de méritos para a provisión de prazas en réxime de comisión de servicios, por funcionarios docentes de ensino non universitario.

Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional e pola resolución definitiva, e tras teren superado positivamente os aspirantes o curso selectivo de formación de acordo coa proposta efectuada pola Comisión de Selección prevista no artigo 10 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os profesores que se relacionan no anexo I desta orde, onde tamén se especifican as prazas que non foron cubertas polos aspirantes e que, polo tanto, quedan vacantes.

Segundo.-Esta comisión de servicios terá unha duración segundo o período que se especifica no artigo 11, punto 2º, da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conse

lleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Cuarto.-Os funcionarios ou funcionarias seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2000.

A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación das prazas e relación das vacantes

Denominación das prazasNº de prazasConcursantes seleccionados

Desenvolvemento curricular de ciclos formativos e de programas de garantía social* Actividades físicas e deportivas

* Comunicación, imaxe e son

* Servicios socioculturais e á comunidade

1Vacante

* Hostalería e turismo

* Actividades agrarias

* Industrias alimentarias

* Imaxe persoal

* Química

* Sanidade

* Vidro e olería

3Castro Casas, Mª Luisa Potí

Vázquez, Begoña

1 vacante

* Edificación e obra civil

* Madeira e moble

1Vacante

* Actividades marítimo-pesqueiras

* Fabricación mecánica

* Mantemento de vehículos autopropulsados

* Mantemento e servicios á producción

* Electricidade e electrónica

2

Neira González, Juan

1 vacante

* Artes gráficas

* Téxtil, confección e pel

1Vacante

* Administración

* Comercio e marketing

* Informática

2Vázquez Gancedo, Rafael

1 vacante

* Formación e orientación laboral1Álvarez Martínez, Mª Pilar

* Artes plásticas e deseño1Vacante

Análise e deseño curricular1Vacante

Formación en centros de traballo1Vacante

Ensinanzas de adultos1 Bernárdez Jorge, José Luis

Programas educativos europeos2García Rodríguez, Mª Carmen

1 vacante