Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 24 de agosto do ano 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Miguel Ángel Pérez Moreiras, presidente da xunta de compensación do polígono 2 do SU-21 do PXOU de Ourense, o proxecto de ocupación dos terreos do polígono 2 do SU-21.

2. Someter a información pública, polo prazo de vinte días mediante publicación no DOG e notificación persoal tódolos propietarios afectados, tanto no proxecto de ocupación de terreos arriba mencionado como no proxecto de compensación do polígono 2 do SU-21 do PXOU de Ourense aprobado inicialmente pola xunta de compensación do dito sector en sesión co día 30 de marzo de 2000.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición polo prazo de vinte días que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de setembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde