Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2000, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto: proxecto do trazado da estrada AC-101, treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez, (fase I), clave: N/AC/96.3.1, termo municipal de Ortigueira.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 4 de febreiro de 1999 procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: proxecto do trazado da estrada AC-101, treito: Ortigueira-As Pontes de García Rodríguez, (fase I), clave: N/AC/96.3.1, termo municipal de Ortigueira, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de outubro de 1999, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 272/1999, publicado no DOG nº 208, do 27 de outubro de 1999.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Ortigueira

Data: 17 de outubro de 2000.

Horario: 10 horas ás 13.30 horas.

De: Alonso Lage, Olegario a Corgos García, Carmen.

Data: 18 de outubro de 2000.

Horario: 10 horas ás 13.30 horas.

De: Corral Iglesias, Manuel a Gómez Rivera, Manuel Servando.

Data: 19 de outubro de 2000.

Horario: 10 horas ás 13.30 horas.

De: Gómez Sueiras, Raquel a Motor Club Ortegal.

Data: 20 de outubro de 2000.

Horario: 10 horas ás 13.30 horas.

De: Muíños Pérez, Hdos. Ofelia a Ramil Sierra, Felicita e outra.

Data: 23 de outubro de 2000.

Horario: 10 horas ás 13.30 horas.

De: Ramil Yáñez, Hdos. Justo a Villasuso Gómez, Manuel César.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Ortigueira e no Servicio Provincial de Estradas na Coruña (praza Luís Seoane, s/n 8ª planta) 15071 A Coruña.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución; poden acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as alegacións que coiden pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 18 de setembro de 2000.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña