Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 69 do grupo III (oficial de servicios técnicos e outros) (lista B), publicada por Resolución do 21 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 4 de agosto), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
RESOLVE:
Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:
Incluír a José María Názara Acuña, con DNI nº 35.263.244 no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 6, cunha puntuación de 3,000 puntos.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública