Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000 pola que se fai pública a lista coa opositora que superou o proceso selectivo para ingresar no gabinete técnico do CES-Galicia, convocado por Resolución do 3 de maio de 1999.

De acordo coa base sétima da Resolución do 3 de maio de 1999, pola que se convocan probas selectivas para ingresar no gabinete técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida, publicada no DOG do 18 de maio de 1999, o tribunal cualificador, na sesión 4/2000, dictou a seguinte resolución:

Publica-la lista coa aspirante que superou o proceso de selección para ingresar no gabinete técnico do CES-Galicia, de acordo co punto sétimo da convocatoria:

Nome: López Diéguez, Mª Cristina.

DNI: 76.818.124.

No prazo de 20 días naturais, contados a partir daquel no que a lista de aprobados sexa publicada no DOG, a opositora aprobada deberá presentar no CES-Galicia, rúa Algalia de Abaixo 24, planta primeira, os documentos especificados na base oitava da convocatoria.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

Luis Caramés Viéitez

Presidente do tribunal cualificador