Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 setembro 2000 pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para adquisición de equipamento odontolóxico con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma galega. (SCS-76/2000) (3 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento odontolóxico con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma galega (3 lotes).

Orzamento: trinta millóns sesenta mil pesetas co IVE incluído. (30.060.000 ptas. co IVE incluído). (180.664,24). 3 lotes.

Lote 1: equip. consulta odontolóxica. 4.200.000 ptas. 25.242,51 euros para 2000 e 21.000.000 de ptas. 126.212,54 euros para 2001.

Lote 2: equip. consulta hixenista dental. 3.000.000 de ptas. 18.030,36 euros para 2000.

Lote 3: aparellos raios X. dental. 620.000 ptas. 46.999,15 euros para 2000 e 1.240.000 ptas. 7.452,55 euros para 2001.

Garantía provisional: a garantía provisional é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: prazo de entrega máximo 30 días.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes. Cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dous.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos