Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Sinergal, S.A. (expediente DP-4/1999).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente de dilixencias previas 4/1999, seguidas en virtude de denuncia formulada por Ana María Otero Tella, en

calidade de presidenta da comunidade de propietarios do edificio sito na Ronda de Fingoi, 119-121-123-125 de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Sinergal, S.A., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas no devandito edificio.

As obras de reparación que se deben realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

Deficiencias comunitarias:

-Filtración de auga no corredor de rochos do portal 119, na zona de cuarto de contadores de auga.

-Desprendemento de revestimento do teito do garaxe no cóbado dunha baixante, enriba da praza nº 28.

-No portal 125, nas escaleiras de baixada ó garaxe, filtración de auga procedente da terraza exterior.

-Acreditación da legalización da calefacción diante da Delegación de Industria.

Deficiencias en vivenda 121-4º B:

-Fendedura en paredes e teito dun dormitorio.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 6 de setembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo