1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario para novos órganos xudiciais.
b) Número de unidades que se van entregar: segundo o sinalado no prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: non leva.
d) Lugar de entrega: o sinalado pola Administración contratante.
e) Prazo de entrega: vinte (20) días contados desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 15.000.000 de ptas., IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: 300.000 ptas. (2% do orzamento de licitación).
b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: secretaría xeral.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 45 17/54 62 24.
e) Fax: 981 54 46 96.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.
f) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais