Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 27 de setembro de 2000 Páx. 13.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios de Ourense.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta delegación provincial resolve anuncia-la contratación dos servicios de cafetería no seguinte centro:

Centros de Servicios Sociais de Ponte Pelamios.

Canon mínimo de explotación: seis mil pesetas (6.000 ptas.) anuais, 36,06 euros.

Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata dous (2) anos. Pode ser prorrogable por outros dous.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

1. Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderán ser examinados nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das 10 ás 14 horas nos días hábiles.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas

previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Ourense, avda. Zamora nº 13, en sobres pechados ou por correo, con xustificación da data de imposición, e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

4. Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 13 días naturais ás 14 horas.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: o licitador presentará en sobre pechado e asinado por el a solicitude para participar así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de adxudicación: os definidos no punto 12 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.

7. Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas, na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense na avda. Zamora nº 13, ás 10 horas en acto público.

Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte.

8. O pagamento deste anuncio será popr conta do adxudicatario.

Ourense, 12 de setembro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense