Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO da contratación de obras do plan de instalacións deportivas.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Denominación/concello/prazo de execución/clasificación/orzamento.

-Bancada e vestiarios no campo de fútbol/Cualedro/5 meses/-/17.000.000 de ptas.

-Acondicionamento piscina/Vilardevós/3 meses/-/16.000.000 de ptas.

-Acondicionamento piscina/Lobios/4 meses/C.2.d;E.7.d/30.678.894 ptas.

-Acondicionamento polideportivo/Melón/6 meses/C.todos.c/20.000.000 de ptas.

Ourense, 16 de setembro de 2000.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense