Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 3 de agosto de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da zona 10 B2 do SU29 do PXOU de Ourense por instancia de José Costa Prieto, en representación de Elca OR, S.L., coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería no informe do 31 de marzo de 2000 e pola Concellería de Medio Ambiente, no seu informe con data do 4 de maio de 2000 logo da constitución de garantía polo importe de 22.500.000 pesetas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 5 de setembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente