Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello do vinteoito de xullo de dous mil, aprobou de forma definitiva a modificación puntual por convenio das normas subsidiarias municipais, na parcela dos PP Pasionistas, entre as rúas PP Pasionistas e A Pena.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, de conformidade co preceptuado no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte á publicación deste anuncio ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, todo iso sen prexuízo de que interpoña calquera outro recurso que se estime pertinente en defensa dos seus intereses.

Caldas de Reis, 7 de setembro de 2000.

José María Tobío Barreira

Alcalde-presidente