Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (249/2000-4).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber que, en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 249/2000-4, notifícaselle a Carmen Ferrero Núñez a providencia do 1 de setembro de 2000 dictada neles, co contido seguinte:

«Providencia do maxistado xuíz Ramírez Sineiro.

A Coruña, 1 de setembro de 2000.

Pola que S.Sª., tendo en conta do contido dos autos nº 249/2000-4, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña e sen prexuízo da conservación, de se-lo caso, do correspondente prazo

interpositorio desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa, antes de admitir este recurso a trámite, acorda requiri-la parte actora mediante a notificación desta previdencia, co fin de que no improrrogable prazo de dez (10) días formalice aquela comparecencia desde logo omitida e ó respecto prescrita polo imperativo teor do artigo 45.3º ab initio da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así como, antes de admitir a trámite este recurso, requírase a recorrente co fin de que emende as seguintes omisións:

a) De conformidade co establecido no artigo 45.3º do citado corpo legal, compareza en autos en legal forma, con asistencia de letrado en todo caso, segundo o disposto no artigo 23.1º da citada norma legal ou, se é o caso, achegue poder que acredite tal representación da recorrente ou outorgue o mesmo apud acta perante este xulgado.

b) Formalice interposición directa de demanda, de conformidade a contrario sensu cos artigos 78.2º e 45.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

c) Acredite ter solicitada a xustiza gratuíta ante os respectivos colexios de avogados e procuradores, todo iso con expresa advertencia de arquivo no caso de emendar tódalas omisións citadas no prazo anteriormente citado.

Visto o contido da anterior dilixencia de constancia estendida polo secretario deste xulgado e non tendo designado a recorrente domicilio para recibir notificacións e citacións neste procedemento, notifíqueselle esta resolución mediante a súa publicación no DOG e signifíqueselle o dereito que a asiste de interpor eventual recurso de súplica no prazo de cinco (5) días, contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal a quo residenciado nesta capital.

Mándao e asínao S.Sª do que, como titular da súa secretaría, dou fe.

E para que lle sirva de notificación á recorrente, Carmen Ferrero Núñez, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 1 de setembro de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario