Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 26 de setembro de 2000 Páx. 13.423

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos das listas reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), especialidade de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (lista B), que emendan a causa de exclusión.

Rematado o prazo fixado na Resolución do 23 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 129, do 4 de xullo), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), especialidade de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, na súa sesión do día 7 de setembro de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), especialidade de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.525 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo convocado pola orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de marzo de 1993 (Diario Oficial de Galicia nº 46, do 9 de marzo), de acordo coa base 3 da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de marzo de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7Total

33.254.661Ameijeiras ÁlvarezPerfecto0000,200000,20

33.326.167Díaz RodríguezCristina0000,6000,750,011,36

36.123.539Estévez PérezCarlos Luis000000,7500,75

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7Total

33.297.930Ferrán AñegónAgustín0000,2000,750,040,99

33.272.327Freire AbeijónJosé Santiago70,731,050000,75072,53

07.656.880Lence MéndezPilar00,4500,2000,7501,40

32.325.698Martínez CalvoSantiago00,6000,2000,7501,55

33.328.733Martínez PérezEmilio Manuel0000,2000,7500,95

35.446.819Quintáns CamposJuan Antonio000000,7500,75

09.167.396Rosales GalvánSebastián000000,7500,75

36.133.641Souto CarreraJosé Luis000000,750,220,97