Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes

de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Lugo, 4 de setembro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último

domicilio

-Multa

máxima

Look Habana C.B.

(Daniel Fdez. Fdez. e Luis Torres García)

E-27101864LU-E 37/200026 e) L.O.

1/1992

Armorica, 72 Lugo35.000 ptas.