Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Muimenta para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 051-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública

a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Muimenta coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Avda. do Cruceiro, 201-A

15705 Santiago de Compostela

Situación: concello da Pastoriza.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1627.0004.800.000

PS2628.6004.800.000

PS3629.6504.799.150

PS4630.3004.799.000

PS5631.8004.799.000

PS6632.3004.795.500

PS7633.5004.795.800

PS8633.5004.792.250

PS9632.3004.792.750

PS10631.0004.795.000

PS11630.5004.794.500

PS12630.0004.795.000

PS13630.0004.796.000

PS14629.0004.797.000

PS15627.0004.797.000

Superficie afectada: 2.257 ha.

Potencia bruta: 49,3 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 5 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo