Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/178-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Fernández Latorre, 56.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 7 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Eirís entre C.T. Catro Camiños C.T. Torre Esmeralda e final no C.T.C. Fernández Latorre nº 56, de 400 kVA, relación de transformación 15.000±2,5-5%/380-220 V. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións