Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de agosto de 2000, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Villa Xacobea, S.C.).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala na lista que se xunta. No devandito expediente dictouse a dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos

nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo

San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 8 de agosto de 2000.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Villa Xacobea, S.C.

NIF: G-15.410.517.

Data dilixencia: 26-7-2000.

Descrición do ben: embargo bancario de 1.563.903 pesetas.