Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 25 de setembro de 2000 Páx. 13.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000 pola que se convoca concurso para a contratación da subministración de licencias para a plataforma de Internet e do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

1. Obxecto: contratación da subministración de:

Lote 1: subministración dunha licencia de servidor para a plataforma da Internet.

Lote 2: subministración de dúas licencias do software para o Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

2. Orzamento de licitación.

Lote 1: 7.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 2.700.00 pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: un (1) mes, a partir da sinatura do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n., San Caetano, en Santiago de Compostela; así mesmo tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http//www.xunta.es/contratacion.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copi Belén, S.L., rúa Rosalía de Castro, 29-31, Santiago de Compostela, teléfono: 981 59 99 24, mediante o aobamento do importe que corresponda.

5. Fianza provisional.

Lote 1: 140.000 pesetas.

Lote 2: 54.000 pesetas.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de licencias para a plataforma da Internet e do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) (especificando o lote de que se trata), que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala G de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edifico central de San Caetano), ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería

da Presidencia e Administración Pública