Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.296

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL A CORUÑA ESPECTÁCULOS

ANUNCIO do concurso con procedemento aberto para a concesión da prestación do servicio de mantemento dos sistemas de producción de climatización, calefacción e ACS no Coliseum da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: concesión da prestación do servicio de mantemento dos sistemas de producción de climatización, calefacción e ACS no Coliseum da Coruña.

3. Prazo de execución: dous anos prorrogables ata un máximo de catro incluídas prórrogas.

4. Tramitación: normal. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento: 3.000.000 de ptas. IVE incluído.

6. Garantía provisional: 60.000 ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, no edificio Coliseum, avda. Alfonso Molina, s/n, 15008 A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50.

c) Fax: 981 13 60 01.

d) Data límite de obtención de información e documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo quedará automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IMCE (oficinas sitas no edificio do Coliseum, avda. Alfonso Molina, s/n, 15008 A Coruña).

10. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: casa do concello, praza de María Pita, nº 1º-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 11 de agosto de 2000.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal A Coruña

Espectáculos