O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7 modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104,
do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que se cita a seguir:
Obxecto: servicio de transporte e repartición de comidas e ceas da cociña central do Hospital Juan Canalejo ó hotel de pacientes e ó Hospital Teresa Herrera.
Orzamento: 22.200.000 ptas. (133.424,69 euros).
Garantía provisional: o 2% do importe de licitación, é dicir, 444.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de consultorías e asistencia e de servicios.
2. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Documentos de intereses para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 13 de setembro de 2000.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan
Canalejo-Marítimo Oza da Coruña