Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Viticultores del Municipio de Caldas de Reis.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Viticultores del Municipio de Caldas de Reis, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: actividade das explotacións vitivinícolas.

Asina a acta de constitución: Miguel Alfonso Fontán e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 22 de agosto de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra