Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Eduardo Pondal, 24. Alimentación C.T. EDAR.
Situación: Ponteceso.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 110 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte da L.M.T. aérea de C.T. Trabe Novo e C.T. Ponteceso e final no C.T. EDAR (expediente 246/1999). Concello de Ponteceso.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 29 de agosto de 2000.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións