Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/88-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. avda. de Vigo 40.

Situación: Concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V de 0,070 km de lonxitude,

desde a L.M.T. Pontevedra IV ata o novo C.T.C. na avda. de Vigo 40. C.T. de 400 kVA relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 0,052 km de lonxitude con conductor tipo R.V., con orixe no novo C.T.C. en avda. de Vigo 40, no concello de Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 24 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra