Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.271

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas provisionais de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 25 de maio de 2000, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de programadores do Cixtec, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 13 de setembro, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas, polo trámite de urxencia.

As devanditas listas están expostas no taboeiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet http: // www.cixtec.es

Así mesmo, os aspirantes excluídos diporán dun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para poderen corrixi-lo defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2000.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable