Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión extraordinaria do día 16 de agosto de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 17-2 das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, promovido de oficio e redactado polos servicios técnicos municipais, que queda sometido á información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presentar alegacións se o estiman conveniente.

Do mesmo xeito, e en virtude do art. 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva.

Ó propio tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. (Expediente 26/2000).

Arteixo, 23 de agosto de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

Mª Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde