Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 3 de agosto de 2000, o prego de cláusulas administrativas que han de rexe-lo concurso para a adqui

sición de vehículo compactador-recolector, exponse ó público durante o prazo de catro días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o correspondente concurso, se ben quedaría aprazado de resultar necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto: contratación por concurso para a adquisición de vehículo compactador-recolector.

Tipo de licitación: 17.885.455 pesetas.

Prazo de entrega: 3 meses desde a notificación da adxudicación.

Exame do expediente: na Secretaría do Concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Fianza: a provisional establécese en 357.709 pesetas e a definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: na Secretaría Municipal, de 9 a 13 horas, durante o prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este coincidise en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterio de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición, en sobre á parte, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e impostos que procedan, incluídos o IVE, e tódolos demais que orixine o expediente.

Vila de Cruces, 31 de agosto de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado